Autor: Roald Dahl
Ilustrador: Quentin Blake
Editorial: Xerais
Colección: Merlín
O señor Willy Wonka, o xenio da
fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das
súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa
fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar:
xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles
que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos
enormes… Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces
afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha
visita que mudará a súa vida para sempre.
“Charlie e a fábrica de chocolate” é
a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do
século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para
caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís
singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da
literatura infantil de todos os tempos.
Traducida a múltiples linguas, a súa adaptación
cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp será estreada no verán 2005.
presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con
maior frecuencia con Dahl.